Corrubedo Anos 50

Boas Tardes, para min é unha honra e unha responsabilidade poñerme diante de vos e falar de Corrubedo. Por un lado a nivel profesional como arquiveiro do Concello e como aspirante a quedar a altura dos poñentes que me precederon Antonio Piñeiro e Miguel Ángel Vidal, e dos que non puiden asistir e espero non repetir das súas exposicións.

E por outro lado por un aspecto emotivo sentimental como algunha xente do pobo sabe porque me ten visto a miúdo. A miña idea e falar da documentación municipal onde se recollen aspectos de Corrubedo, de unha maneira xenérica, “por encima”, non facelo de maneira exhaustiva , minuciosa porque iso requiriría un traballo de investigación que oxalá esta ponencia anime a alguén de Corrubedo aparte de Francisco; tamén se trata de facer de maneira que estas pequenas pinceladas fagan que a xente de Corrubedo debata, diga que non o lembra tal e como se expón, os errores e acertos que poida advertir para que as conversas entre vos poidan facer unha especie de “memoria común” que vos pertence e que forma parte do voso ser como pobo con aspectos que vos son únicos e propios.

Conmemorase o cumprimento de 1.100 anos (nada menos que once séculos) da constancia do nome “Corrubedo” nun documento histórico; e documentos históricos do Arquivo Municipal son nos que me baseo para isto que do que vos vou a falar, e o primeiro que vou a sinalar é que esta non é a única fonte das que vos podedes servir para coñecer a vosa historia, outros arquivos públicos e privados vos poden axudar; por exemplo o Arquivo de dos propietarios do Pazo de Torre Xunqueiras ao que accedeu Francisco nos remonta a un punto de partida da vosa historia o Arquivo do Reino de Galicia ; ou os arquivos privados tanto empresariais, como familiares ou particulares irían completando moitos aspectos na busca de coñecer o máis posible. Tamén hai fontes editadas ás que se pode recorrer como as hemerotecas e bibliotecas on se pode rastrear, indagar e coñecer ou confirmar feitos coñecidos e descoñecidos da vosa historia. Xa sabedes que hai varias publicacións editadas ou en espera de selo (Francisco)

Durante estes séculos tamén se foron desenvolvendo mitos, lendas e famas que pertencen e se basean a Corrubedo ou as súas proximidades : Valverde, O Campo das Minas (era o Cemiterio da poboación lacustre do Carregal) ou a “Cova de Litón” que creo que recentemente se reencontrou.

Non hai que esquecer tampouco aquilo que constitúe a memoria oral que se foi transmitindo de xeración en xeración e que forma parte do voso patrimonio inmaterial; aí habería que contar con feitos como a vosa propia entoación ao falar (¿ti es parvo ou qué?) resultado de conversas endogámicas, e dicir resultado do aillamento do pobo e de falar só entre vos. Tamén se incluiría dento de ese patrimonio, por exemplo frases e palabras que son vosas “si viñeras onte que era festa” (non sei se era real ou non) e por último estarían os motes ou alcumes que usabades entre vos para referirvos a lugares, traballos , aparellos persoas concretas ou familias e que para vos seguro eran orixinais e formas ricas e propias de expresión.

Ao escoller os anos 50 do pasado século fíxeno para que fora unha especie de término medio entre “a noite dos tempos” e “ai, eso foi onte” para que seguro que moitos de vos poidades debater e dicir “iso non foi exactamente así” ou (non foi certo” e tamén dicir “si pero falta isto” para non esquecelo e que siga formando parte de vos ou incluso para o punto de partida de estudos e investigacións que desexo que vos (se queredes) fagades.

As referencias que van a seguir , como xa dixen non pretenden ser a visión definitiva, senón un pequeno esbozo da documentación do Arquivo Municipal. Así pasaremos un pouco por encima de temas xa estudados como os dos naufraxios, a pesca ou navegación.

Para falar de esa década, vamos primeiro a situarnos mirando unha Memoria da Xestión Corporativa do ano 1949, que por lei había que facer anualmente.

Parroquia: EstabaComposta dos lugares: Porto, Espiñeirido, Teira

  • 1.589 habitantes de feito, 2.329 de dereito,
  • Razóns: Emigración, Navegación

Existía unha estrada principal desde a Pobra a Corrubedo, máis ben ao Faro, o que viña a resaltar a importancia que tiña este para a navegación (non hai que esquecer que formaba un fito na ruta de navegación importantísima nas Idades Antigas e na Era Moderna; e acostumábase a considerar a Corrubedo como un dos extremos da Costa da Morte.

REFERENCIAS HISTÓRICAS ESCRITAS:

1ª) Na obra “Galicia” de Manuel Murguía. “Se cree que en tempos primitivos existía unha numerosa poboación lacustre que abarcaba a costa de Artes, Carreira e Corrubedo, cuxo centro era a actual lagoa do Carregal (Preito ao que nos vamos a referir )

Hay Documentos de antiguidade, orixinais que estaban en mans privadas e que tramitado o expediente de adquisición estarán á vosa disposición para consultar.

1.577: pola Xustiza de Noia, en representación do Arcebispado de Santiago, que se consideraba con señorío sobre os veciños de Corrubedo, Olveira, Artes, Oleiros e Carreira, promoveu un preito contra os veciños das mesmas. No dito preito (que non chegou a rematar) polo aproveitamento de unha balea que o mar arroxou a costa desta comarca, sobre este preito o Sr. Cabeza de León (Seminario de Estudios Galegos) publicou un interesante artigo. Segundo él en dito preito depuxeron diferentes testemuñas, entre elas Martín Maneiro de Corrubedo (¿Tenente de Xustiza?). Con este preito acredítase a existencia abundancia de baleas nas costas de este municipio, e que algunhas eran de considerable tamaño; “algunha chegaba á altura de un home e o longo de dez brazos.

(A necesidade creaba as habelencias para pescalas ou atrapalas do mar; posiblemente a través da experiencia (“proba e erro”) Isto é un rasgo desta poboación, e forma parte da personalidade da xente de Corrubedo, podería resumirse dicindo (“facémolo nos mesmos”).

Por outra parte tamén poderíamos referirnos aquí á fama da xente da zona de “raqueiros” ou “beach comers” (orixe, creo da palabra “bichicoma”) , creo que se lle chama así á á xente que facía naufragar os barcos movendo luces cara aos rompentes, saqueaban os barcos e incluso mataban ás persoas (a orixe desta técnica parece ser que está documentada nas tácticas de Aníbal para escapar dos romanos) .

Autores recoñecidos como Rafael Lema mouzo, comentan que isto non era aí que se trataba en realidade dunha mala fama inxusta; e co preito este da balea é xusto dicir que a lei do mar ven ou viña dicindo “que o que trae o mar é de quen o atopa “ e probablemente esa citada lei era moi respectada por aquí pois as leis humanas tardaban en chegar ou non chegaban; si vos serve de exemplo lembro un fermoso laranxeiro que había ao lado da casa da miña avoa (en Artes) que viña dunhas semillas de laranxa que viran parar ás praias de Corrubedo.

Outra referencia sería un texto de Segundo Tettamany y Gastón, que na súa obra “Historia Comercial de la Coruña” de 1770 sinala unha estatística de Pesca, recolleita nos portos de este municipio”

Porto Corrubedo Total Municipio

  • Sardiña (Millares) 6.000 51.000
  • Congro (OM) 500 8.700
  • Pescada 500 9.500
  • Mielga 500 2.500
  • Polbo Non 1.550
  • Badeixo 200 200
  • Raia 800 800

Outro autor recoñecido foi Acuña Malvar que nos seus escritos fala duns Planos do Municipio no que se sinala o Deslinde das parroquias e temas relacionados e fala de máis documentos (orixinais Mosteiro de Sobrado)

Facemos un Resumen dos datos que ofrecía esa Memoria

1949: Obras Rematadas

  • Rúa Acceso Molle de Corrubedo
  • Lavadoiro
  • Arranxo da Rúa das Delicias
  • Reparación dunha Rúa
  • Reparación rúa e Rede de Sumidoiros

Obras municipais en Execución:

  • Camiño de Acceso ao Grupo Escolar de Corrubedo

OBRAS PÚBLICAS (NO MUNICIPALES):

  • OBRAS DE Ampliación Molle de Corrubedo

Obras en Estudo. Abastecemento de Augas e Rede de Sumidoiros (coas tardanzas que sobre este tema houbo en Corrubedo)

Bens Comunais: Monte Facho: Enclavado en términos da parroquia de Corrubedo e Olveira. Disfrútanoo os veciños de Corrubedo, Teira e Espiñeirido. A súa altura máxima é de 189 metros sobre o nivel do mar

Dunas e Praias de Corrubedo: achanse orientadas do Nordeste ao Sudoeste nun plano horizontal sobre o cal se levantan montículos de area, formando unha cordilleira que chega a 20 ou máis metros de altura, segundo a dirección dos ventos reinantes.

Gastos en compra de Terreos:

  • Terreos para o Grupo Escolar: 6.400 pta
  • Expropiación de Terreos para unha rúa 3.366,20
  • Total Municipal: 411.445.50

Visto desde fora parece unha clara diferenza ou menosprezo (sen ter en conta as razóns) ¿Pode ser esta unha raíz da rebeldía do pobo ante situación “inxustas” (eu teño visto e lembro manifestacións de xente de Corrubedo á chuvia nos soportais do edificio Xenaro fronte ao Concello esixindo reparacións polo que se consideraban desprezos ao pobo e íades todos a un, e deste tipo inda relativamente houbo outras máis recentes.

Segundo o mesmo: aquel ano de 1949, se nos referimos ao Alumeado Público: as parroquias do Concello eran abastecidas pola “Empresa Distribuidora de Electricidade de J.Valverde y Cía”: (cos problemas que sufrían), excepto: Bretal, Olveira e Corrubedo que o eran por José Mariño Orellán (Fábrica da luz de Corrubedo (¿Unha especie de siNal de identidade Propia? Como a distribución de auga de que conseguiches vos co voso traballo nunha forma de asociacionismo que tamén e propia de vos mesmos como signo identificador da parroquia.

A efectos sanitarios e término municipal achase dividido en catro distritos:

  • Distrito 3º: Olveira e Corrubedo

Instrucción Pública: Riveira era un pobo moi destacado pola seu entusiasmo neste asunto:

  • Corrubedo: 4 escolas unitarias dúas de neno e dúas de nenas
  • Proxecto en Construcción un grupo composto de catro seccións

Participación na industria derivada da pesca. Salazóns

Como remate a esta documentación, sería importante comparar co mesmo tipo de documentación dos anos 60

ANOS 50

Pasamos agora de maneira xeral a anotar documentación dos anos que dan título a isto que vos estou a ler.

Documentación de Correspondencia da Alcaldía e Libros de Actas de Peno. Hai moita documentación Municipal que tamén pode servir de fonte para Corrubedo e a súa xente.

Neste lugar no que estamos habería que falar da cesión de terreo municipal no

Torreiro” nesos anos 50

1950: Concesión solicitada de un servizo regular de transporte de mercancías de Santiago de Compostela, a Santa Comba, Muxía, Corme Corrubedo e A Coruña. Logo máis adiante chegou un Servizo Público Regular de Viaxeiros entre Santa Uxía e Santiago, con prolongación a Corrubedo e expedición por Rianxo

Será no ano de 1952 cando se recibe un telegrama do Ministerio de Obras Públicas no que comunica a concesión definitiva do Servizo Público do Transporte de Viaxeiros entre Santiago e Riveira con prolongación ata Corrubedo

Lonxa de Corrubedo 1949

A Confraría de Pescadores de Corrubedo comunica ao Concello haber arrendado un local fronte á rampla- embarcadoiro do Porto con destino a Lonxa para poder funcionar a partir do 1º de Maio.

EDUCACIÓN:

“Nenos de este pobo incluídos na Idade Escolar e sen o mínimo de Ensinanza Primaria dedícanse ao Aprendizaxe de oficios e se lles da permiso para dedicarse á pesca.

Denuncia polo mestre de Corrubedo que un neno de Teira faltou á Escola 141 días sen motivo xustificado ,(neglixencia manifesta dos pais). Que se aplique a Lei con todo rigor porque non fan caso do Bando da Alcaldía sobre asistencia ás escolas e dos avisos particulares . Seguindo a falar da Educación poderíamos facer referencia a Escola clandestina en Corrubedo: Estudo das vantaxes e inconvenientes da posible a autorización ou clausura da escola privada que alí rexenta D. Manuel Prego Pérez e maioría da xente consultada opina que non hai inconveniente en que a siga tendo baseándose para dicilo en que está imposibilitado para outra clase de traballo neste pobo por faltarlle un brazo, tamén se pediu opinión ao Sr. Patrón Maior da Confraría de Pescadores (José Brión) por ser persoa das “máis autorizadas” e logo emitiu informe no sentido de que a dita escola ven prestando ensinanza a varios veciños que xa saíron das escolas de Ensinanza Primaria de Corrubedo e tamén aos menores que non teñen idade regulamentaria para ingresar nas Escolas do Estado e as ensinanzas que presta dentro da Relixión Católica a os veciños de Corrubedo polo que se aconsella seguir prestando ensinanza si llo permite a Superioridade.

Así con data de 9 de setembro de 1952 un particular denuncia que “desde o pasado verán ponse a dar clases de mestre certo señor que non está en posesión do título do mestre , dito señor segue coas súas clases co beneplácito de algúns pais de familia pouco escrupulosos que envían ao seu local especialmente nenas (tamén nenos), comprendidos en idade escolar. O citado “dómine” carece en absoluto de solvencia moral, amparase na protección de algún cidadáns , ninguén se da por enterado que xa comezaron as clases e que hai tres mestres propietarios deste pobo, que fan todo o boamente posible para que os nenos entren nas súas aulas, pero terían que renderse pola actitude descarada de ese señor ao que non se ve disposto a renunciar ; que moita xente opina que é un roubo na intelixencia de eses nenos e nenas que tendo unhas sras. mestras propietarias frecuentan un centro dubidoso de formación moral e espiritual.

Pídese un peche autorizado e selado pola lei, e presenza do Alcalde para dar escarmento a ese Sr. e de algunhas familias a os que non debe regatearse unha “boa multa”, unha parte por non enviar aos seus fillos onde debían estar e en parte pola linguaxe impropia e pouco respectuoso que empregan a espaldas dos sres. mestres. ¿Ata cando vamos a ter aos rapaces metidos nese antro?. “Home sen principios e sen moral algunha”

Denuncia da mestra e dos mestres nacionais de Corrubedo da existencia dunha escola clandestina establecida na casa nº 304 e dirixida por Manuel Prego pídese a clausura inmediata da mencionada escola.

5-XI-52: Caso omiso da orden da Xunta Municipal

Para rematar , podemos facer referencia a que polo Concello e a demanda da poboación de Corrubedo, pídeselle á Compañía Eléctrica Fervenza ( levaba o alumeado do porto) si pode dar subministro de enerxía eléctrica ao Grupo Escolar para distribución do Cupo Alimenticio (queixo e leite en polbo subministrado por U.S.A.). Como curiosidade hai que sinalar que a dita empresa que se encargaba de ter o porto de Corrubedo cobraba o Kilovatio/hora: 0, 50 ptas. a 1º – I-55

Sábese que se debe ás necesidades de numerosas familias, pero tamén e certo que moitos nenos en idade escolar deambulan polas rúas sen que os pais se tomen a molestia de mandalos á escola. Seguindo con esta teima temos Denuncia da mestra do nº de faltas de asistencia a clase dalgunha das nenas sen xustificar: unha nena 46 días seguidos; outra nena: 38, 50, e isto so ía ata o momento xaneiro a marzo do curso escolar.

Neste tema do que estamos a falar houbo un Proxecto de Creación de Escolas da que se tratou na Junta Municipal instrución primaria para levar acabo unha Escola de nenas de Corrubedo

Outro centro do que se podería falar á vista do que parecían os intereses dos pais de mandar os fillos ao mar, e seguramente pensando nas posibilidades dos nenos do pobo era “Escola de Orientación Marítima” (que tivo tantos problemas polo local e ausencias de mestres)

Existía un posto da Garda Civil de Corrubedo do que atopamos testemuñas como unha denuncia que un veciño tiña pértiga provista de pincho coa que maltrataba a un animal (vaca) en contra dun Regulamento de 1929)

Outra denuncia dos dos Gardas segundos do posto da Garda Civil de Corrubedo : Enrique González e Julio Lamelas Vázquez, segundo a que prestando Servizo na Romaría de Bretal (Olveira), observaron unha grande reunión de persoas ante o palco. E alí atopábase un tal Manuel “alias” Chinclán, que parece que padece enaxenación mental, pronunciando palabras groseiras, promovendo escándalo público, incitado por un veciño de Bretal. Que foi acusado e o 1º foi mandado para o seu domicilio

Seguindo con este tema, houbo un Proxecto de data 1 de agosto de 1956 para levar a cabo a Construcción dun Cuartel da Guardia Civil: “las fuerzas de la Guardia Civil que forman el destacamento de Corrubedo carecen de alojamiento adecuado en detrimento de los servizos encomendados e interpretando el sentir de los vecinos de dicho lugar y los deseos de la Dirección General de la guardiaCivil propone a la Corporación que se lleve a cabo la construcción de un edificio compuesto de 8 pabellones y parte militar

Obras proxectadas neses anos

24-IX-56: Reconstrución Pavimento da rúa á Igrexa de Corrubedo: presupuesto de 39.500 ptas

Corrubedo: Compromiso de aportación para obras de Pavimentación a Explanada Porto e Corrubedo: Ayto: 10% del total

Corrubedo: (11-IV-56). Fonte de Corrubedo: 20.405,02 ptas 1957: Fonte de Corrubedo:6.795,79 ptas.

1955 Camiños Veciñais e Rúas

Pavimentación e Saneamento de Rúa Delicias (Corrubedo)

Obras Municipais do Ano 1957

Acceso ao Porto de Corrubedo, da Fonte (Corrubedo)

Obras Municipais en 1959: Ningunha

Outra vez, non sorprendería que a xente dentro das súas posibilidades naqueles anos (en realidade non tiña) se rebelase ou ben non se fiara da xente que tiña a obriga de administrar.

Esos anos tiveron en común a profunda crise económica debido á prolongada falta de peixe, isto trouxo consigo a emigración, gran número de veciños de este pobo residen case todo a ano no estranxeiro > Emigración : Había unha gran diferencia entre Nº Habitantes de Feito e de Dereito En este intre estase a dixitalizar o Libro Rexistro de Emigrantes e xa se dixitalizaron os Padróns de habitantes.

Na busca de recursos económicos para paliar esta situación e como se fai hoxe mesmo, pensouse no turismo como fonte de ingresos, co argumento de que “La Junta provincial de turismo haga que no será mal aprovechado el tiempo en su desplazamiento (“Riveira: alejada y desconocida (Corrubedo)”) propaganda reseñas topográficas y fotografía de lugares de destacada belleza y lugares de interés artístico y arqueológico , faro, temporales, gastronomía

Outro carácter propio de Corrubedo, para min sería o “caer, levantarse e poñela proa ao vento”, e como reflexo disto ocorréseme facer unha pequena aos naufraxios destes anos 50 do pasado século, xa estudados, polo que me limitarei a facer pequenas pinceladas

En data 19 de xullo de 1954 Naufraxio barco inglés San Nicolás (4. 730 toneladas) no baixo denominado “Praguiñas” , rescatados os 18 tripulantes polos mariñeiros dos inmediatos portos de Aguiño e Corrubedo.

Naufraxio do “Albatros” 1954

Que tivo lugar fronte ás costas de Cedeira e no que morreron 8 mariñeiros do porto de Corrubedo, polos que se celebrarán solemnes funerais e acudirá a Corporación e as autoridades locais; funerais sufragados polo Concello o 24 de novembro naquela parroquia

O mércores 24 de Novembro e ás doce da mañá terá lugar na Igrexa Parroquial de Corrubedo un solemnísimo funeral polas almas dos oito mariñeiros, fillos de Riveira, desaparecidos o 16 deste mes, como consecuencia do naufraxio do Vapor Albatros. Funeral presidido polas Autoridades Locais, Xerarquías e demais representacións do municipio.

Graves danos causados polos Temporais en todo o termo municipal, na madrugada do 5 de Abril, e que causaron graves danos nas embarcacións da poboación humilde mariñeira, polo que se reciben varias mostras de condolencia e apoio a favor dos mariñeiros damnificados, que recibirán unha axuda de 25.000 pesetas con cargo aos Presupostos do Estado, polo concepto de “calamidades públicas”, asimesmo o ISM aportará unha subvención para socorrer aos afectados

1957 : Naufraxio de unha dorna

O 7 de Febreiro de 1957 recíbese un escrito do Gobernador Civil no que se concede un donativo da Xunta Provincial de Beneficencia de 500 pesetas aos familiares dos mariñeiros da dorna “Dolores”, falecidos en naufraxio, todos veciños de Corrubedo. Ou non queda máis remedio ou hai que ser moi de “verdade” ante estas eibas para volver ao mar.

Para rematar , e como divertimento sinalaremos dous documentos que falan de vos

Servizo de Coches Fúnebres 1954

O 11 de Marzo o Concello acorda autorizar a posta en marcha un servizo de Coches Fúnebres para a condución de cadáveres aos cemiterios do termo municipal. Establecendo os seguintes prezos: 75 pesetas para Artes, Bretal e Corrubedo; 50 pesetas para para o resto de parroquias e lugares do Municipio e de xeito gratuíto para os pobres incluídos nas Listas de Beneficencia Municipais e para os “Caballeros Mutilados”.

Preito do Carregal (Corrubedo- Concejal)

A través do concelleiro correspondente pídese pide que un grupo de veciños (de Corrubedo) 40 o más, acudan a la Alcaldía (día 24-9-58/ ás 4 da tarde) para responder a un requerimento notarial para manifestar si os terreos do Carregal foron sempre de aproveitamento común dos veciños do municipio. Os mellores de eses 40 serían os de avanzada idade (se non se poden desprazar pola súa idade, vaiselles buscar). É de sumo interese para os veciños de Corrubedo que non se lles prive do uso deses terreos que sempre disfrutaron.

  • Inscrición en el Libro de Inventarios dos terreos do Carregal
  • Intento por particulares de apropiarse dos terreos
  • Acordo de Pleno de 21 de Outubro de iniciar todos os procedementos para conseguir la anulación da inscrición rexistral.

Espero que vos este rollo conste que tanta historia pasou por Corrubedo que vos dou personalidade propia e que tamén a xente de aquí aportou o su carácter ao territorio e á vosa forma de vivir.

Moitas grazas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *